miércoles, 9 de junio de 2010

POEMAS DA PRIMAVERA



Aquí compartimos con todos vós as fermosas poesías que fixestes sobre a Primavera.
Estades feitos todos e todas unhas artistiñas


viernes, 4 de junio de 2010

CONTOS DE IGUALDADE

Por fin puiden subir os traballos dos rapaces e rapazas de 4º. Son todos contos en prol da Igualdade de dereitos e obrigas de homes e mulleres. Falan de compartir tarefas da casa, de ser iguais de importantes, de evitar etiquetas, de ser diferentes pero iguais: homes e mulleres, nenos e nenas poden ser capaces de todo!! Aquí os tedes como recordo de todas as experiencias vividas durante o curso!

lunes, 10 de mayo de 2010

CONTOS DE SEREAS PARA FINA

Na semana do libro tivemos como visita especial a Fina Casalderrey. Engaiolounos a todos coas súas palabras e a súa voz. Ademáis, tamén nos fixo un exemplo de como pode nacer un conto. Trouxo un oviño de prata no que estaba agochada unha serea...."Pódense escribir moitos contos a raiz de aqui", sen dúbida.....
Pois sen dubidalo, os nenos e nenas de 2º curso puxéronse mans á obra, e fixádevos nos resultados....EStes contiños que vos presentamos, e que mandaremos a Fina para amosarllos. A que son fermosos?


O BLOC DE FINA CASALDERREY

Os libros de Fina Casalderrey rularon polas 13 mochilas Viaxeiras que se botaron a andar en Belesar no inicio de Curso. E alí estaba o Bloc de Fina , onde os nenos fixeron debuxos acerca des estes libriños que moito lle gustaron.
Compartimos con todos vós, estos fermosos traballos que fixestes para Fina Casalderrey. Noraboa! Son unha chulada!

miércoles, 24 de marzo de 2010

DOCUMENTAL DA ARRIBADA

A profe María, de 2º, preparou este interesante proxecto cos nenos e nenas. Recolleron todo o que aprenderon durante os días cercanos á festa da Arribada de Baiona. Encántanlles descubrir e indagar sobre todo!! Menudos estudiosos!
Aquí tedes parte do seu traballo!

martes, 9 de febrero de 2010

martes, 2 de febrero de 2010

AS ESCRITORAS DE 6º E OS CLÁSICOS




No curso de 6º temos moi boas escritoras que queren compartir con todos os libros Clásicos que vedes a continuación. Andrea Riveiro, Yolanda, Tania e Nekane fixeron estupendos traballos acerca destes libros.
Qué vos parecen? A que están moi ben presentados?