Club de escritura

domingo, 30 de enero de 2011

POLO NADAL "IMOS A BELÉN"







COA CHEGADA DO NADAL TODO SE ENCHE COA MÚSICA DAS PANXOLIÑAS E CO DESEXO DA CHEGADA DOS REIS MAGOS E DE PAPÁ NOEL.ESTE ANO CANTAMOS TODOS XUNTO "IMOS A BELÉN..UNHA PANXOLIÑA QUE COMPUXO O AVÓ DE NOA E LUCIA.

UNHA VISITA A CASA PLANTA







NESTA SAÍDA TAN INTERESANTE OS NEN@S QUEDARON ABRAIADOS AO VER TANTAS FLORES ,ÁRBORES E PRANTAS DE TAN DIFERENTES FORMAS E CORES. O QUE MAIS ENGAIOLOU AOS DRAGÓNS FORON: O PÉ DE ELEFANTE,AS CASCADAS ARTIFICIAIS,OS CACTUS,E AS PRANTAS CARNÍVORAS.A PROFE PREFERIU O KUNKUAT,PORQUE AO PROBAR O SEU FROITO TEN UN AGRADABLE SABOR ENTRE DOCE E AMARGO...POIDÉMOLO SABOREAR TODOS GRAZAS A AMABILIDADE DA GUIA.

TRABALLAMOS UNHA NOTICIA:O VOLCÁN MERAPI




LENDO E INTERPRETANDO NOTICIAS,ADEMAIS DE MELLORAR A NOSA APRENDIZAXE LECTORA AMPLIAMOS A NOSA CULTURA XEOGRÁFICA,CIENTÍFICA E HUMANA .APRENDEMOS A VALORAR A IMPORTANCIA DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN E DESENROLAMOS A NOSA CREATIVIDADE ARTÍSTICA E ESCRITORA,COMA VERDADEIROS PERIODISTAS.

miércoles, 9 de junio de 2010

POEMAS DA PRIMAVERA



Aquí compartimos con todos vós as fermosas poesías que fixestes sobre a Primavera.
Estades feitos todos e todas unhas artistiñas


viernes, 4 de junio de 2010

CONTOS DE IGUALDADE

Por fin puiden subir os traballos dos rapaces e rapazas de 4º. Son todos contos en prol da Igualdade de dereitos e obrigas de homes e mulleres. Falan de compartir tarefas da casa, de ser iguais de importantes, de evitar etiquetas, de ser diferentes pero iguais: homes e mulleres, nenos e nenas poden ser capaces de todo!! Aquí os tedes como recordo de todas as experiencias vividas durante o curso!

lunes, 10 de mayo de 2010

CONTOS DE SEREAS PARA FINA

Na semana do libro tivemos como visita especial a Fina Casalderrey. Engaiolounos a todos coas súas palabras e a súa voz. Ademáis, tamén nos fixo un exemplo de como pode nacer un conto. Trouxo un oviño de prata no que estaba agochada unha serea...."Pódense escribir moitos contos a raiz de aqui", sen dúbida.....
Pois sen dubidalo, os nenos e nenas de 2º curso puxéronse mans á obra, e fixádevos nos resultados....EStes contiños que vos presentamos, e que mandaremos a Fina para amosarllos. A que son fermosos?


O BLOC DE FINA CASALDERREY

Os libros de Fina Casalderrey rularon polas 13 mochilas Viaxeiras que se botaron a andar en Belesar no inicio de Curso. E alí estaba o Bloc de Fina , onde os nenos fixeron debuxos acerca des estes libriños que moito lle gustaron.
Compartimos con todos vós, estos fermosos traballos que fixestes para Fina Casalderrey. Noraboa! Son unha chulada!