lunes, 23 de noviembre de 2009

O BLOG DOS MINERAIS


Sergio, un compañeiro voso de 4º de primaria quere compartir connosco todo o que sabe de minerais. Esta semana tocaba exame de coñecemento na clase, acerca das rochas e minerais.
Sergio trouxo parte da colección de minerais do seu irmán á clase, para que os seus compañeiros o visen: pirita, ouro, calcita, feldespato.... por fin, pódense ver!
Ademáis aconséllanos o blog do seu irmán, visitádeo e poñede os vosos comentarios!!
http://www.elblogdeminerales.blogspot.com/

Blog- Sergio- Los Minerales





domingo, 22 de noviembre de 2009

JAIME E O BOSQUE DOS GRUMOS


Jaime, de 3º de primaria envíanos este traballo acerca dun libro que lle encantou. Aquí explícavos detalles interesantes do libro.. A min encántame este resumo!Jaime, estás feito un escritor!
Blog Jaime

martes, 17 de noviembre de 2009

FANI E O SEU CONTO


O CONTO PREFERIDO DE LUCAS


Lucas, de 3º fainos un comentario acerca do libro que leu
traballos nenos

lunes, 2 de noviembre de 2009


Na clase de 5 anos temos unha nova compañeira que é a araña MIEDICAS. Para darlle a benvida a nosa amiga e con motivo do certame de contos de medo do Samaín fixemos un conto de medo. Traballamos moito facendo debuxos, manualidades e escribindo o conto da mellor maneira que puidemos. Como todos os contos do cole o noso conto está gardado na biblio, cando queirades alí está para que o leades. Ata pronto.

A clase das arañas.

sábado, 24 de octubre de 2009

PÉTALA

Na biblio hai un fermoso conto que encandilou aos nenos e nenas de 1º, que están estudando a auga e a súa importancia. Para todos, fixeron unha bonita versión que queren compartir con todos. Aquí vos vai!!

jueves, 22 de octubre de 2009

AGRUPACIÓN MUSICAL DE BELESAR


Este xoves tivemos unha visita moi especial en Belesar.No medio do patio había un palco cheo de instrumentos de música, e pronto apareceu Javi cunha función moi divertida na que aprendemos bastante de instrumentos.
Enseguida foron aparecendo músicos de vento e percusión. Montse, coa súa frauta traveseira encantounos. Tamén gustounos Javi co seu clarinete, e Ivan co Saxo....Divertímonos moito escoitando Alex tocar o trombón, a trompeta e o bombardino.
Todos estos músicos ensinan na Escola de Música de Belesar, si vos apetece podedes apuntarvos a clases ou visitar a súa web:http//bandabelesar.es.tl
¿Que vos parece....sabemos algo máis de instrumentos agora? Cal vos gustou máis?